III PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

Este terceiro certame pasará á memoria como a edición da normalización, afianzando a MAV como a casa común das/os músicas/os galegas/os; e poñendo de relevo o espírito de comunidade, de sector estratéxico, de familia, de industria, de riqueza, de colectivo, que os premios son capaces de xerar. A pesares do cambio de calendario do inverno á primavera e o conseguinte ano sen convocatoria (2015), o certame acadou un novo éxito de participación con 448 inscritos, superando a anterior edición -na que se alcanzaran 360- e confirmando que estes premios continúan a encher un baleiro que era necesario cubrir. Destacaron o despegue da canción de autor con 46 inscritos e a boa acollida da nova categoría introducida nesta edición: coros e grupos vocais. Resaltou tamén o feito de que en todas as categorías houbese proxectos consagrados, xunto con propostas radicalmente novas e frescas, algo que fai deste certame a convocatoria perfecta para dar a entender o que temos entre mans cando falamos de Música en Galicia.

PREMIADAS/-OS DOS III PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

DE VACAS

( COROS E GRUPOS VOCAIS )

DE VACAS

COROS E GRUPOS VOCAIS

Son catro vacas que rin e cantan: a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia ou o que é o mesmo Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Mestura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Desfrutan enriba do escenario para que vós desfrutedes. Cantan en tódolos idiomas do mundo e inventan outros. Reivindican o guachinein, esa lingua minorizada. Aman aos nosos poetas por riba de todo, como Enrique Igrexas. Rescatan retrousos esquecidos, tarareos que foran populares nas voces de Cristina da Aguieira ou Mónica da Laranxeira.

Ansia de xuventude e fusión internacional. 

A vida ao seu lado toda é un carnival!

ESCOITA



LINKS

GUADI GALEGO

( CANCIÓN DE AUTOR )

GUADI GALEGO

CANCIÓN DE AUTOR

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta no 2016 O MUNDO ESTÁ PARADO o seu terceiro traballo como solista tras o álbum BENZÓN (2009) e LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (2014)

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestin@s, Espido e aCadaCanto.

O MUNDO ESTÁ PARADO (FOL Música, 2016) está conformado por 10 temas: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce de novo como produtor musical. A primeira e limitada edición do disco, á venda desde o 4 de novembro de 2016, foi unha tirada de 1.000 vinilos, esgotada en apenas un mes.

Un son envolvente con arrecendo pop que garante potentes directos, unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

Guadi Galego: voz e piano, Carlos Abal: guitarra, Guillerme Fernández: guitarras, Paco Charlín: baixo, Isaac Palacín: batería

ESCOITA



LINKS

CAXADE

( FOLQUE )

CAXADE

FOLQUE

CAXADE é o projeto pessoal de Alonso Caxade. Folk-pop cum arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e singela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
Melhor Artista nos XIII Premios Opinión, Prémio Martín Códax da Música, ganhador "Certame Música Xove" e representante galego no SUNS Europe 2015.

CAXADE é neste momento a banda musical de Alonso Caxade, mas nasceu no último trimestre do ano 2012 como um projecto audiovisual transgressor através da publicaçom das video-criaçons “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (com Javier Antelo Seoane, Íria Pinheiro e Tánia Ameneiro). Um universo surreal de pessoas poderosas com cabeças que soam ao choco das potas, que movem fios para enganar-nos no menú que temos que comer, como se fossemos moscas a dançar no mundo do Sr. Xorda.

Em novembro de 2013 editou no selo cooperativo "Discos da Máquina" o seu primeiro trabalho discográfico intitulado "A Dança dos Moscas" com os músicos que na actualidade seguen formando a súa banda: Manu Paino (trompeta e teclado), Manu Espinho (bombardino e trombone), Xosé Tunhas (bateria) e o próprio Alonso Caxade (voz e acordeom). Dous anos depois (dezembro de 2015) saiu á venda o DVD+CD "A Dança dos Moscas Ao Vivo" gravado com a Banda de Música da Bandeira. 

O seu último disco "E isto é o Amor" saiu à venda o 14 de maio de 2016 a atópase agora non final da súa xira de presentación.

ESCOITA



LINKS

NASTASIA ZüRCHER

( BLUES / FUNK / SOUL )

NASTASIA ZüRCHER

BLUES / FUNK / SOUL

A cantante e compositora galego-suíza segue subindo chanzos e lanza o que xa é o seu segundo álbum de estudo, «BEAT».

De onda moderna e groove descarado, e cunha marcada identidade e sonoridade "afro", o disco flúe a través dos dous grandes "palos" que mellor definen e representan a música de Nastasia: as chamadas Músicas do Mundo e a Música Negra na súa vertente máis actual (R&B Contemporáneo, Neo Soul), asentados aquí nunha produción elegante e grande sobre a que repousa a súa xa inconfundible voz.

A galardoada na pasada edición 2016 dos Premios Martín Códax da Música (Galician Music Awards)avanza na súa traxectoria e natural evolución artística e publica o seu novo traballo musical composto unha vez máis integramente por obras propias, e para o cal contou coa produción do músico-compositor galego Adrián Saavedra.

Aséntase con este segundo e dinámico LP unha carreira profesional baseada no bo facer e a liberdade creativa absoluta, perfilándolle a esta completa artista unha proxección nacional e internacional coa que seguir compartindo a súa arte e persoal maneira de facer sentir a música.

ESCOITA



LINKS

ORQUESTRA OS MODERNOS

( ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA )

ORQUESTRA OS MODERNOS

ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA

A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das fiambreiras, até a geometria dos quadros dos manteis se levantam e brindam pola oportunidade dada ao "frotis" e ao "arrechuche" contagiada polos ritmos bailables da Orquestra "Os Modernos". Como consequência da sua constante renovaçom e experiência atraves de tantas giras e viagens por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra "Os Modernos" oferece-lhes um repertório renovado de bailes como manda a última moda: fox-trot, baião, bolero, habanera, corrido, rumba, mazurca..., sem esquecer-se tampouco desses ritmos máis arcaicos e propios do nosso folclore como a moinheira ou a jota. Os bailadores e bailadoras confidentes, senten-se protagonistas arroupados ao tempo que ilhados, ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile. Ninguem senta quando toca a Orquestra "Os Modernos"!

 

Membros: Xosé Tunhas: Bateria Joám Casas: Clarinete e gaita-de-fol Alonso Caxade: Trombone Martín Nogueira: Trompeta Paco Nogueiras: Acordeão Alberte Rodríguez: Contrabaixo Iria Pinheiro: cantante e diva

ESCOITA



LINKS

A BANDA DA BALBINA

( REGGAE / SKA / MESTIZAXE )

A BANDA DA BALBINA

REGGAE / SKA / MESTIZAXE

Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na Radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio dalgunhas orquestras galegas. Un ano máis tarde a Balbina pareu “O fillo do mar”, con el chegou o 1º premio da Radio Galega do programa Apolohit. Co empuxón deste premio o gruo empeza a súa andanza polas Festas-Concertos de toda Galicia, compartinde escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos… levando sempre boa música en galego e moita festa.

 

As nosas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nosas e comúns nas catro provincias de Galicia.

 

No 2015 A Banda da Balbina consegue o Premio do Xurado e o Premio do Público no concurso VAS SACAR NOTA 2015 (crtvg) co tema O MARCO converténdose na canción do verán.

 

Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Temos un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina “Estomballada” e próximamente sacaremos un novo disco “Convertindo cuncas en ferrados”.

Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na Radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio dalgunhas orquestras galegas. Un ano máis tarde a Balbina pareu “O fillo do mar”, con el chegou o 1º premio da Radio Galega do programa Apolohit. Co empuxón deste premio o gruo empeza a súa andanza polas Festas-Concertos de toda Galicia, compartinde escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos… levando sempre boa música en galego e moita festa.

 

As nosas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nosas e comúns nas catro provincias de Galicia.

 

No 2015 A Banda da Balbina consegue o Premio do Xurado e o Premio do Público no concurso VAS SACAR NOTA 2015 (crtvg) co tema O MARCO converténdose na canción do verán.

 

Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Temos un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina “Estomballada” e próximamente sacaremos un novo disco “Convertindo cuncas en ferrados”.

ESCOITA



LINKS

MUTANT

( METAL )

MUTANT

METAL

Mutant se formó en 2007 como Mutant Squad, e inmediatamente llamó la atención del público por la calidad de sus directos y lo aplastante de su sonido siendo solo tres chavales sobre el escenario. Tras curtirse en la escena underground de Galicia y alrededores, en 2009 llega el primer esfuerzo discográfico en forma de EP, que sentó la base de su identidad con los primeros temas que componía la banda. Este EP y su respuesta llamaron la atención del sello Suspiria Records, que lanzaría en 2012 un segundo EP, Social Misfits. En esta nueva grabación, Mutant partía de aquella base de thrash europeo pero comenzaba a añadir ya su seña personal de estructuras complejas y recursos de otros estilos más intrincados, alejándose de aquel estilo más visceral y adolescente de los inicios a la vez que los tres músicos dominaban cada vez más sus instrumentos. Además, durante esta grabación comenzaba una duradera relación con el productor Pedro Mendes (Ultrasound Studios, Braga, PT) que se convertirá en un apoyo importante para la banda.

Pero otro EP no era suficiente ni para la banda ni para su público, por lo que en 2013 llegó Titanomakhia, un trabajo de larga duración en el que por fin Mutant podía desarrollar más a fondo sus ideas y, sin olvidar sus inicios, comienza a entrar en terrenos groove y progresivos, subiendo peldaños tanto en estudio con Pedro Mendes como en directo. Este álbum los lleva por toda España, y acabarán compartiendo escenario con bandas de la talla de Evile, Angelus Apatrida, Vita Imana, Crisix, Mnemic, Slayer, Lamb of God o Trivium en salas y festivales como el Resurrection Fest o el portugués Vagos Open Air.

Durante la primera mitad de 2015, Mutant acudirá de nuevo a Pedro Mendes para grabar un segundo disco. Pleiades llega finalmente en enero de 2016 tras un largo año de cambios para el trío. Manuel de Mallos, bajista desde los inicios, abandona la formación para dar paso a Xalo González, quien además del bajo se ocupará también de la voz junto al guitarrista Pla Vinseiro, permitiendo la entrada de nuevos matices y rangos vocales hasta ahora nunca explorados por el grupo. Estas turbulencias traen también un cambio de nombre e imagen, y el trío pasará a llamarse definitivamente Mutant.

Pleiades es un gran reflejo de la creatividad y el conocimiento adquiridos a lo largo de los últimos años de carretera, y en estos ocho temas se vuelca un cambio de ideas y actitud hacia una etapa mucho más madura. Lejos de los convencionalismos de un álbum conceptual clásico, este segundo disco es mucho más amplio y rico, con nuevos colores que añadir a la paleta mutante que alcanzarán todo su potencial cuando el trío los lleve al directo. 

ESCOITA



LINKS

CROMA

( ELECTRÓNICA )

CROMA

ELECTRÓNICA

Croma é o proxecto de música electrónica de Alfredo Regos García (Ordes, A Coruña - 1979).

Croma editou a súa música cos sellos Brain Washer Records (Francia), MMAN Records (Austria), Metalectro (U.K.), On Your Mind Recors (España), entre outros.

Os seu directo caracterízase por unha enerxética posta en escea e actitude no escenario, para ofrecernos o electro máis bailable e contundente.

Ademáis de Dj e  productor, Alfredo tamén da vida a outros proxectos na súa faceta de productor e de técnico de son en Rapapoulo Estudio (grabacións, mesturas e outras produccións para outras bandas e mc´s, membro de Decepticons, colaboracións con Dios ke te Crew, etc); A súa música acompaña tamén diferentes audiovisuais (A ceo aberto de Xosé Bocixa, os Mundiais de Slackline da empresa Gibbon, entre  outros). Acaba de lanzar o seu propio selo discográfico "Casa de La Guasa Records", donde edita moitos dos seus propios traballos.

Croma é ademáis técnico en produccións audivisuais, radio, tv e espectáculos.

Escoita os seus traballos en https://www.cromamusic.com

 

 

ESCOITA



LINKS

BRINCA VAI!

( MÚSICA INFANTIL )

BRINCA VAI!

MÚSICA INFANTIL

Brinca Vai! é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por
Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e
rexistros máis divertidos.
Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina”
nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a
poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa
lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e
amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.
Brinca Vai! ,está deseñado para adaptarse a calquera espazo: escolas, bibliotecas,
auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou
simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas!
 

ESCOITA



LINKS

CREBINSKY

( MÚSICAS DO MUNDO )

CREBINSKY

MÚSICAS DO MUNDO

Banda Crebinsky é unha pequena orquestra popular xurdida dun universo

imaxinario, fuxida do filme Crebinsky. Do mesmo modo, as súas músicas nacen

como banda sonora e saltando da pantalla, corren ás rúas e os escenarios,

crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante.

Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificultades.

Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como "composicións eclécticas-

delirantes próximas á world music ou ben "música popular dun país inexistente"

que nos aproximaría algo á realidade. Da súa escoita reflexiva se evidencia un

traballo musical de gran calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel

compositivo como de interpretación. Non obstante, é case imposible escoitar todo

o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois a contaxiosa vitalidade que transmite

Banda Crebinsky invita a festa sen paliativos.

No 2010, sacan o seu primeiro disco titulado " Banda Crebinsky", cos temas

da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir deste momento comezan a ofrecer concertos en diversos formatos: Universo Crebinsky ( película con actuación da Banda), Banda Crebinsky... participando en eventos como XXVI e XXIX Festival Intercéltico de Ortigueira, Festival de Cine de Málaga, Ciclo de concertos "Veranos de la Villa" no Teatro Conde Duque (Madrid), ou o Teatro Majestic Passy (Paris), Festival da Luz, ou Tom de Festa ( Portugal) entre outros.

Á súa vez as composicións conseguen os seguintes premios;

Mellor Música Orixinal do Festival Internacional de Cine de Toulouse en 2011

Mellor Música Orixinal do Festival Internacional de Cine de Oaxaca ( México) en 2011

Mellor Videoclip nos Premios Mestre Mateo en 2013 por ¨Un piatto¨

Ademáis de diversas nominacións como aos "Premios da música independente", ou "

Premios Mestre Mateo"

Tamén no 2011 reeditan con Boa Music un DVD que inclúe a película, a BSO e un directo

que a Banda Crebinsky ofertou en outubro de 2010 no Teatro Principal de Pontevedra.

En Marzo do 2012 sae á venda o seu segundo disco " Jet Lag", publicado por Boa Música,

no que a Banda opta por un son máis ecléctico e directo,rápido no cambio d estilos,

tempos,franxas horarias, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Gravan o videoclip de ¨Un piatto" dirixido por Enrique Otero para o Festival de Cine

de Cans. Os concertos realizados no Festigal 2012, Ortigueira 2013 e Festival da Luz son emitidos pola canle de televisión R.

 

Compoñentes:

Pablo Pérez Sanmamed (composición e contrabaixo), Sergio Zearreta (voz), Vadim Yukhnévich (voz e baián), Enrique Otero (teclados e voz)FernandoAbreu (clarinete,mandolina e voz) ou Xacobe Lamas (violín) Miguel Queixas (batería),Pablo Carrera (Guitarra).

ESCOITA



LINKS

XABIER DíAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

( MÚSICA TRADICIONAL GALEGA )

XABIER DíAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo editou Coplas para Icía (2007) coa participación a Pedro Lamas e Suso Iglesias.                 

Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que realizou os espectáculos Alento, Engado e Tradicción que xiraron pola península ibérica.

Entrou a FORMAR parte do grupo Berrogüetto, onde participou dende comezos do 2008 ata este mesmo ano no que a banda anunciaba a súa disolución. Nestes anos gañou coa banda un Premio da Academia da Música á mellor canción en Galego (2011), así como o premio ó mellor grupo de Música Folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Codax neste mesmo

Ano 2014 así como o premio á mellor banda sonora da película Inevitable (2013) nos premios Mestre Mateo.

Participou con Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto.

Ao longo da súa carreira compre destacar NUMEROSAS colaboracións en discos e concertos, con diversos artistas e formacións como  Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera, Uxía, Xosé Manuel Budiño… Ten tocado en latitudes tan diferentes como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia ou Perú…

Na actualidade traballa no que será o seu novo disco en solitario no ano 2015, un proxecto tremendamente ambicioso, con 12 cantoras e percusionistas tradicionais mais un set de acordeón e zanfona, polirritmias, melodías populares filtradas pola súa propia e singular maneira de reinterpretar a tradición, un traballo de renovación da música popular galega e que vai engadir un enfoque vangardista e diferenciado da mesma.

ESCOITA



LINKS

VERTIXE SONORA ENSEMBLE

( MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA )

VERTIXE SONORA ENSEMBLE

MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA

VERTIXE SONORA ENSEMBLE é un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola nova música contemporánea e pola súa divulgación entre públicos amplos. Desde hai cinco anos leva a cabo un traballo en dobre dirección: por unha banda, ofrécelles a compositores emerxentes unha plataforma para desenvolver os seus proxectos (máis de 70 estreas absolutas realizadas ata o momento); e, por outra, procura a fidelización de novas audiencias para a música contemporánea. Dentro da súa estrutura desenvolve o Instituto Galego de Sonoloxía (IGS).
O 2015 levou a Vertixe Sonora como principal ensemble convidado a importantes festivais de música contemporánea como Festival Mixtur (Barcelona), Mostra Sonora (Sueca) ou XXXVI Encontre Internacional de Compositors (Mallorca) e nunha xira internacional que incluíu, entre outros lugares, o exitoso paso polo festival CSUF New Music Series (California) e o XII Festival Internacional Música Nueva (Monterrey). O 2016 iniciouse para Vertixe con novas invitacións para xiras internacionais que complementan unha programación estable que desenvolve en diferentes ciclos; Música e Arte no CGAC, Doaudible en 4 cidades galegas, sonUTopias da USC, Ciclo de Música Contemporánea de Lugo - MIHL Sons XXI e vertixeVigo. Este intenso traballo, que constitúe toda unha revolución no eido da música contemporánea en Galicia, foi obxecto de tratamento nun film-documental: Correspondencias Sonoras de Manuel del Río.

 

AUDIOS:

Xoán-Xil López (Sarria, 1972): FLAME (2014) Frauta, saxofón, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica

Jacobo Gaspar (Mos, 1975): Sombras de inverno II (2012-13) frauta, saxofón, violoncello, piano, percusión e electrónica

 

VERTIXE SONORA ENSEMBLE:
Pablo Coello, dirección musical
Ramón Souto, director artístico

 

WEB:
http://vertixesonora.net

ESCOITA



LINKS

SOKRAM

( HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS )

SOKRAM

HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS

SOKRAM é unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop.

En 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado “Chuvia Ácida”, nunha coidada edición especial de tirada limitada (Vinilo 12"+Cd+Fancine 16 pax+ Donwload LP).
15 cortes cargados de Electrónica, Rock&Roll, Funk, Jazz, Hardcore.. Un disco ecléctico, fresco e reflexivo, irónico e divertido. Gravado e producido en Rapapoulo Estudios por MOU: beatmaker e productor de DKTC, que ademáis o acompaña nos seus directos aos coros e nos mandos da variopinta maquinaria coa que compoñen o set xunto cun terceiro implicado: SANTINO, versátil guitarrista de numerosos proxectos sonoros como Cona Yeyé, Lady Chatarra, Chicharo Psicótico ou DKTC.

Estas tres feras fusiónanse nun combo cun directo enérxico e arrollador, no que as letras brilantes e a versatilidade e potencia vocal de Sokram bailan á perfección cos ritmos e melodías secuenciadas e retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos camaleónicos sons das guitarras de Santino. Un live diferente e dinámico no que o Hip Hop viaxa por paraxes nas que Rap e Electrónica se contorsionan con Rock&Roll, copulan con Funk e Blues e se colocan ata o éxtase co Hardcore e a Psicodelia.

ESCOITA



LINKS

ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA

( JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS )

ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA

JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS

A Orquestra de Jazz de Galicia reúne a algúns dos máis importantes músicos da escena galega actual no ámbito do jazz, a música sinfónica e a música tradicional co cometido de explorar o diálogo posible entre a música tradicional de Galicia e a música improvisada contemporánea.

En decembro edita o seu primeiro traballo discográfico "Fame", gravado ao vivo os días 17 e 18 de xaneiro do 2015 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) baixo a dirección técnica de Pablo Barreiro e o servizo de produción do Arquivo Sonoro da Radio Galega. Roberto Somoza e Pedro Lamas son os encargados dos arranxos e a orquestración dunha escolma de pezas que reflicten a profundidade da música tradicional de Galicia a partir de diferentes traballos de campo.  “Fame” está composto por dez arranxos orixinais entre os que se inclúe o “Toque de chifre de Faramontaos”, melodía recollida por Alan Lomax en Galicia no ano 1952 e que anos máis tarde sería reinterpretado por Miles Davis e Gil Evans coa súa orquestra en “Sketches of Spain” (1960) baixo o título “The Pan Piper”.

O primeiro traballo da Orquestra de Jazz de Galicia contou coa colaboración desinteresada de preto de medio cento de músicos e convidados especiais entre os que se inclúen Carmen París (Premio Nacional de Músicas Actuais) ou Kepa Junkera (gañador dun Grammy) entre moitos outros:

Pablo Añón: saxo alto / Rubén Barros: guitarra / José Ramón Bugliot: chifre / Carlos Calviño: guitarra / Pablo Castaño: saxo alto / Javier Cedrón: violín / Alberto Conde: piano / Sergio Delgado: teclados / Jacobo de Miguel: piano / William Díaz: trombón / Xabier Díaz: voz / Toño Domínguez: voz / Xurxo Fernandes: voz / Edelmiro Fernández: gaita / Jesús Manuel Fernández: voz / Fernando Froján: trombón / Guadi Galego: voz / Carlos García Amigo: cello / Steve Harriswangler: fagot / Kepa Junkera: trikitixa / Pedro Lamas: saxo soprano / Conny Lechner: frauta / Ignacio López: tuba / Xocas Meijide: clarinete baixo / Xosé Miguélez: saxo tenor / José Luis Miranda: trombón / Alfonso Morán: contrabaixo / Faustino Núñez: trombón baixo / Toño Otero: saxo tenor / Carmen París: voz / Quique Peón: voz / Javier Pereiro: trompeta / Abe Rábade: piano / Héctor Rey: clarinete / Ton Risco: vibráfono / Nicolau Rodríguez: trompeta / Rodrigo Romaní: arpa / Xosé Lois Romero: percusións tradicionais / Rubén Salvador: trompeta / Adrián Silva: frauta / José Somoza: trompeta / Roberto Somoza: dirección / Aleix Tobías: batería / Suso Vaamonde: pandeireta / Alfredo Varela: trompa / Javier Feijoó “Xisco”: voz.

ESCOITA



LINKS

FOXY FREIRE

( ROCK )

FOXY FREIRE

ROCK

A banda nace no ano 2010 e dende entón segue fiel aos seus principios e ao camiño escollido inicialmente.

Actualmente integran o proxecto:

Virxilio da Silva (guitarra e voz)

Fernando Sánchez (guitarra)

Paco Charlín (baixo)

Max Gómez (batería),

Foxy Freire nútrese do rock de finais dos 60 e comezos dos 70. Están influenciados por bandas como MC5, The Doors, Jimi Hendrix, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream e Grand Funk Railroad, entre outras moitas. Levan xa case seis anos refregándose polos escenarios das mellores salas galegas e do norte de Portugal, ofrecendo un espectáculo cheo de enerxía e rock and roll, e veñen de editar no pasado ano 2015 o seu primeiro Lp Mongoose Tree.

ESCOITA



LINKS

SILVIA PENIDE

( POP / INDIE )

SILVIA PENIDE

POP / INDIE

Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas, un pop de autor que conecta co público polos seus matices e a súa particular forma de entender tanto os arranxos de estudio como os directos con ou sen banda.

Tras o seu EP "Las Erres Dobles" gravado con Juan de Dios Martín, produtor entre outros de Amaral e o seu disco "Animal de Compañía", Silvia Penide dá un paso máis aló conseguindo estar en boca de moitos con boas críticas e mencións en publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone, soando en Radio3 ou M80 entre outros.

Tras compartir escenario con artistas da talla de Annie B. Sweet, Mäbu, Mercedes Peón,... En xaneiro de 2016 estrea "TODO PINTADO DE PLATA" o seu novo traballo no que participa como co-produtor musical Felix Arias (que é o 50% de "Lovely Lúa" xunto con Xoel López), gravado por Celso Madriñán (recoñecido músico galego que participou como guitarrista en xira con Marlango entre outros) e producido conxuntamente con Arturo Vaquero (Nomeado a un Premio Goya á mellor canción orixinal).

Silvia segue a súa ascendente traxectoria tras  actuar no "Festival de la Luz" que amadrina Luz Casal e formar parte en Madrid dos "Escenarios Cómplices de Mahou" onde se atopaban grupos como Los Secretos ou A Fuga no ano 2015.

En cada concerto de Silvia Penide destaca a súa calidade artística que cautiva a un público cada vez máis numeroso que nunca queda indiferente.

ESCOITA



LINKS

ANTóN CORRAL

( Honorífico )

ANTóN CORRAL

Honorífico

O Premio Honorífico Músicos ao Vivo deste ano 2016 ven a recoñecer a Antón Corral polos motivos que se expoñen a continuación:

“A historia musical de Galicia ten nomes que resoan por teren provocado saltos evolutivos cruciais para as xeracións posteriores. Nomes se cadra non coñecidos para o gran público pero si admirados e respectados por todos os que dun ou doutro xeito coñecen a transcendencia do seu labor, directa ou indirectamente. Un deses nomes é Antón Corral. Artesán, gaiteiro, mestre de grandes gaiteiros e sobre todo referente e traballador incansable pola mellora técnica e estilística dos instumentos populares galegos. Antón Corral supón un paso de xigante na música galega, dende a case marxinalidade até o recoñecemento internacional que hoxe ten, e todo feito dende unha humildade, xenerosidade e cariño que o fan dobremente admirable”.

ESCOITA



LINKS

GALARDOADAS/-OS DOS PREMIOS ORGANISTRUM

A ARCA DA NOE

(SALA)

A ARCA DA NOE

Sala

A Arca da Noe é uma taberna cultural situada no concelho de Vilar de Santos na comarca da Límia.  Em agosto de 2014 abrimos a nave e aqui estamos a tentar manter e alimentar a bourbulha com todo tipo de atividades e músicas, e ainda que chova, queremos seguir a ser refúgio de todo tipo de alimanhas. Continuamos sonhando!!

 

IMAXES

A Arca da Noe
A Arca da Noe
A Arca da Noe
A Arca da Noe
A Arca da Noe
A Arca da Noe

LINKS

FEITO A MAN

(FESTIVAL)

FEITO A MAN

Festival

Feito a Man é un festival de rúa organizado pola  ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA  que naceu no ano 2003 e que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade e a creación artística.

Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.

Un dos obxectivos fundamentais do festival Feito A Man é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa da cidade e o potencial da cidade vella como entorno excepcional para o seu posicionamento e visibilización. Asi mesmo, tamén se busca a implicación activa na dinamización cultural de Compostela e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas, servindo como plataforma e vínculo entre os universos creativos e as xentes que habitan as rúas da cidade.

Os escenarios de Feito a Man son as rúas e prazas da cidade histórica de Compostela que se converten nun marco singular para deixar o protagonismo ao artista, o espectador, o espazo e as sinerxias que entre eles se producen.

Polos diferentes espazos do Festival, durante estes anos pasaron artistas como Lobalú, Fanfare Ciocarlia, Chévere, Alejandro Vargas Trío, Super Ratones, Es un árbol, Fluzo, Dr. Gringo, Aline Frazao, Davide Salvado, Ricardo Parada, Xoán Curiel, Dirty Socks, Xacobe Martínez, In Reverse, Los Chavales, Tony Lomba e Elio dos Santos, Fred Martins, Marcos Teira, O Coro da Rá, Aló Django, … entre moitos outros.

IMAXES

FEITO A MAN
FEITO A MAN
FEITO A MAN
FEITO A MAN
FEITO A MAN

LINKS

ÁBRETE DE ORELLAS

(MEDIO DE COMUNICACIÓN)

ÁBRETE DE ORELLAS

Comunicación

Ábrete de orellas é un punto de encontro onde (re)descubrir e compartir músicas. Xurdiu en 1997 coma programa radiofónico na emisora universitaria de Ferrol e a partir de aí creceu colaborando e aprendendo tamén en medios escritos, internet ou televisión. Co cambio de século consolidouse na Internet coma o medio de comunicación musical onde se atopan as propostas feitas na Galiza e as que nos visitan.

Desde a paixón e o entusiasmo, á marxe de modas e etiquetas, en Ábrete de orellas conviven os diferentes estilos, sen présas e sen elitismos, con curiosidade e poucos prexuízos. A axenda orelluda, aberta e independente, está ao servizo das salas, produtoras, artistas e festivais do país e, sen patrocinios nin incentivos económicos, a páxina en facebook superou 3000 seguidoras.

Tras regresar ás ondas de Rádio FilispiM en outubro de 2013, non falta á cita semanal cun programa que arestora redifunden todas as emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, así como Radio Redondela e Radio Negreira.

O que din de Ábrete de orellas

“Um autofalante necessário e decididamente alternativo para quem quer conhecer e reconhecer o mundo da música sem bipartidismos, com as orelhas abertas a todas as ondas.” Uxía Pedreira (Chouteira, Marful, aCentral Folque ...)

“Ábrete de orellas supón abrirse a descubrir talentos ocultos, rememorar concertos vividos ou envexar a quen os viviron. Supón independencia e fuxida das modas. Cando Abres as orellas a vida soa mellor.” Tomi Legido, programador musical

abretedeorellas.com, referencia da actualidade, crítica, axenda e publicacións da música popular, é un espazo necesario e modélico dentro do xornalismo online galego. aCentralFolque

“Unha forma paixonal de entender a música dende Galicia onde ten cabida aquelo que ofrece creatividade e calidade” Xavier Valiño, xornalista musical

“Ábrete de Orellas é un espazo para a música. Nestes tempos de intensa vida dixital baleira de contidos resulta gratificante atopar unha web na que se fala da música con criterio, onde a crítica non está manipulada por intereses comerciais e se di o bo e o menos bo dos discos, dos concertos e dos músicos e sobre todo onde queda claro que a xente que está detrás dela fai honra ó nome e ten as orellas ben abertas.” Fernando Abreu (2uS, Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky...)

“Atento a músicas que para a maioría dos medios, masivos ou non, son como mínimo subterráneas.” Martin Wu (The Homens, Grampoder...)

"portal galego de lecer, radio, web, por un tempo colaboracións televisivas, ... parabéns por toda a info que nos ofrecedes” Daniel Alonso (O Neno Ellitott, Os amigos dos músicos ...)

“Ábrete de Orellas contribuye día a día a escribir la historia de la música popular de nuestro país y es uno los mejores lugares para descubrir canciones con alma.” Manolo Bertrán (Doctor Divago)

seareir@s en facebook

“Artesanato e paixón. Ábrete de orellas é un referente.”, Casa Amelia dixit

“lugar onde podes atopar de xeito claro, dende información, opinións, suxerencias de todo tipo de actividades culturais”, Merce

“Uma fiestra de informaçâo. Que nâo e pouca coissa. Um programa musical de radio como deberían ser tudos. Sem máis, sem postureo.”, Sapoconcho

“Unha porta aberta á cultura musical”, Illa Natura

“Me interesa la información cultural que nos ofreceis, difícil de obtener por otros medios, además sois muy cercanos.”, Marta Molina

LINKS

As cookies propias e de terceiros permitenos mellorar os nosos servicios. Ó navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información